Ir o contido principal

A Semana da Educación celebrarase do día 25 ao 28

A Semana da Educación celebrarase do día 25 ao 28
A Semana da Educación celebrarase do día 25 ao 28

A Semana da Educación (SdE), co lema ‘Respondendo a retos: educación para o cambio’, é un conxunto de actividades educativas, culturais e sociais (conferencias, foros, debates, obradoiros, exposicións ou concertos) complementarias aos contidos das materias das titulacións que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación. Entre os días 25 e 28, todas as propostas estarán aberta á participación gratuíta de todas as persoas interesadas, aínda que é imprescindible inscribirse.

A programación deseñada inclúe propostas que pretenden dar difusión á actividade propia do centro, como a presentación de grupos de investigación da Facultade ou da oferta de estudos de doutoramento e másteres, así como orientación laboral e profesional para o alumnado que remata estudos. Xuntas estas propostas, a Semana da Educación inclúe conferencia e obradoiros que achegarán os futuros profesionais ao debate arredor de novas ferramentas como profesionais da educación: a ópera como vehículo de aprendizaxe, musicar poemar para nenos/as ou obradoiros para o traballo da ciencia nas aulas.

O martes 26 haberá unha serie de actos centrados na análise das particularidades da transexualidade. Pola mañá celebrarase unha mesa redonda sobre a transexualidade infantil dende unha perspectiva multidisciplinaria e pola tarde proxectarase o documental de Fernando Olmeda El viaje de Carla, coa presenza da activista transexual Carla Antonelli. Xa a partir das 21.00 horas está previsto un acto lembranza de Alan diante das torres Hejduk na Cidade da Cultura. Ao longo do día e a modo de acto simbólico as torres iluminanranse coas cores da bandeira ‘arcoiris’ .

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2016.