Esta semana elíxense representantes nas xuntas de centro da USC

A Universidade de Santiago celebra esta semana as eleccións de representantes nas súas Xuntas de Centro. As votacións serán dende as 9.00 do martes 7 ata as 19.00 horas do mércores 8 de maio. A proclamación definitiva de candidatos/as coñecerase o 24 de maio. Quen desexe votar deberá conectarse a través da Secretaría Virtual, ou ben na web electoral http://www.usc.es/eleccions2013 cun acceso directo á aplicación. O voto electrónico poderá emitirse dende calquera ordenador conectado a internet. Ben porque non existen candidaturas ou ben porque o número de persoas elixibles é menor que os postos existentes, só cinco centros celebrarán esta xornada de eleccións. Así, En Ciencias Políticas e Dereito haberá votacións para o estudantado de primeiro, segundo e terceiro ciclo, mentres que en Ciencias Económicas e Empresariais só votará o alumnado de primeiro e segundo ciclo.
Na Facultade de Veterinaria emitirá o seu voto o PDI sen vinculación permanente e o persoal investigador en formación, ao igual que na Facultade de Óptica e Optometría, na que tamén votará o alumnado de primeiro e segundo ciclo.