Ir o contido principal

A Semana da Escola Técnica Superior de Enxeñaría celébrase coa entrega dos primeiros 'Premios Leonardo á Docencia'

O centro tamén acollerá unhas xornadas de portas abertas para mostrar as súas actividades de investigación

En conmemoración do natalicio de Leonardo da Vinci, a Semana da Escola Técnica Superior de Enxeñaría celébrase estas días cunhas xornadas de portas abertas, onde se mostran as súas actuais actividades de investigación, e coa primeira entrega dos ‘Premios Leonardo á Docencia’. Estes galardóns serven como recoñecemento do labor educativo desempeñado durante o curso 2005-06 por algúns profesores das tres titulacións superiores en Enxeñaría que se imparten na USC.
Ademais destas actividades, o centro tamén acollerá este xoves, día 12, ás 12:00 horas un acto no que, tras a presentación da memoria de actividades do curso 2005-06, o director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Javier García Tobío, impartirá unha conferencia titulada ‘Finis Terrae: ampliando o mundo coñecido’.
Despois deste relatorio entregaranse os premios aos mellores expedientes e proxectos de fin de carreira elaborados por alumnos de Enxeñaría Química, Técnica en Informática de Sistemas e Graduado Superior en Enxeñaría Ambiental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2007.