Seminario aberto en Historia sobre as redes de intelixencia en España durante a Segunda Guerra Mundial
As redes de intelixencia e espionaxe que funcionaron en territorio español durante a II Guerra Mundial serán centro de análise do seminario que o grupo de investigación Hispona (Historia Política e dos Nacionalismos) da USC organiza este mércores 8 e o xoves na Facultade de Xeografía e Historia. O encontro, aberto a calquera persoa interesada, comezará ás 11.00 horas na aula 14 do centro coa charla de Diego Navarro Bonilla, da Universidade Carlos III, titulada ‘Intelixencias de manual: análise de tratados, normas, regulamentos e directrices en Europa (1914-1945)’. Seguiralle Susana Sueiro Seoane, da UNED, con ‘Tánxer, niño de espías’. A xornada do mércores continuará pola tarde na aula do Máster en Historia Contemporánea coa charla ‘Miradas cruzadas á sombra da Roca: servizos de intelixencia no Estreito de Xibraltar’, do investigador da Universidade de Sevilla Julio Ponce Alberca. Xa o xoves de mañá intervirán Javier Rodríguez González, da Universidade de León, para explicar as estruturas de espionaxe no norte de España durante a Segunda Guerra Mundial e o profesor da USC Emilio Grandío Seoane co relatorio ‘Non só wolfram. Redes de intelixencia en Galicia.