Ir o contido principal

Novo seminario do Departamento de Matemática Aplicada sobre o método Montecarlo

O Departamento de Matemática Aplicada organiza este xoves 9 unha nova sesión dos seus seminarios, nesta ocasión co profesor Raúl Tempone e o estudante de doutoramento Abdul Lateef Haji-Ali, ambos os dous da King Abdullah University of Science and Technology de Arabia Saudí.

A sesión organizarase en dúas charlas na aula de videoconferencia do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas. A primeira será ás 11.00 horas titulada ‘On Monte Carlo, Multilevel Monte Carlo and Adaptive Multilevel Monte Carlo’, e a segunda, ás 16.30, será a presentación ‘Multi-index Monte Carlo and Multi-index Stochastic Collocation’ na que se realizará unha pequena introdución ás librerías e software dispoñibles neste ámbito.

Con este seminario búscase establecer liñas de investigación e colaboración comúns entre o grupo de investigación do profesor Tempone e a Universidade de Santiago de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2016.