Un seminario en Dereito analizará o Estado de Dereito en Polonia
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) co organiza este martes 6 e o mércores 7 o seminario ‘Rule of Law and European Unión: the case of Poland’, a cargo do profesor do Instituto de Dereito Internacional da Universidade de Varsovia Pawel Marcisz. O seminario é parte do ciclo ‘A Unión Europea 60 anos despois’ encadrado nas Accións Jean Monnet da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Facultade de Dereito da USC.
As sesións desenvolveranse en horario de 12.00 a 13.30 horas na Aula Lete del Río dirixidas a alumnado do Mestrado en Estudos Internacional e do grao en Dereito, así como a calquera persoa interesadas na temática. Integramente en inglés, existen prazas dispoñibles que é posible reservar dirixíndose ao enderezo de correo electrónico jesus.saavedra [at] usc.es (jesus[dot]saavedra[at]usc[dot]es).