Ir o contido principal

O seminario ‘Integración e radicalización’ aborda este xoves o fenómeno do yihadismo

O seminario sobre ‘Integración e radicalización’ propón unha reflexión de carácter multidisciplinar arredor de diversos fenómenos como o yihadismo, a radicalización ou o salvaxismo. Na Sala de Xuntas do decanato da Facultade de Dereito baixo a dirección de José Julio Fernández Rodríguez, o seminario celebrarase este xoves 12.

O programa do encontro comezará ás 16.20 horas coa intervención de Federico Aznar Fernández-Montesinos, do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, sobre ‘A xestión do salvaxismo’ e na que realizará un achegamento ao sentido político da estratexia do grupo Estado Islámico ou DAESH. Seguiranlle Joan Antón Mellón, da Universidade de Barcelona, falando sobre ‘Islamismo yihadista: radicalización e contrarradicalización’ e Luis de la Corte, da Universidade Autónoma de Madrid, que formulará a pregunta ‘Por que se radicalizan?’.

Para completar a quenda de intervencións, está prevista unha mesa redonda que co lema ‘ Radicalización fronte a Estado Democrático’ reunirá as achegas de Julia Pulido Gragera, da Universidade Europea de Madrid; Fredy Rivera Vélez, de FLACSO Ecuador; e de Daniel Sansó-Rubert Pascual, do Centro de Estudos de Seguridade da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2015.