Ir o contido principal

Un seminario internacional en Xeografía e Historia homenaxeará o profesor John Williams no seu cabodano

Un seminario internacional en Xeografía e Historia homenaxeará o profesor John Williams no seu cabodano
Un seminario internacional en Xeografía e Historia homenaxeará o profesor John Williams no seu cabodano

Un seminario o próximo luns 6 homenaxeará o profesor da Universidade de Pittsburgh John Williams (1928-2015) no primeiro aniversario da súa morte. Esta é unha iniciativa que promove o grupo de innovación docente en Ciencias do Patrimonio Artístico e Escrito e seminario de formación Incipit, que integran docentes das facultades de Filoloxía e de Xeografía e Historia. A sesión matinal, a partir das 9.30 horas, celebrarase no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia e continuará pola tarde na Aula 10 do mesmo centro.

Co lema ‘Factum est silentium?’ o acordo lembra ao que está considerado como un dos grandes especialistas en manuscritos medievais e hispanistas de recoñecemento universal polas súas achegas á historia da arte española. As publicacións científicas que máis teñen contribuído á súa consideración como hispanista de renome céntranse nos manuscrito iluminados do Comentarios ao Apocalipsis de Beato de Liébana. Ademais de numerosos facsímiles e artigos sobre os Beatos, a serie de cinco volumes publicados por Harvey Miller/Brepols The Illustrated Apocalypse: A Corpus of the Illustrations of the Commentary on the Apocalypse (1994-2003) conforman, en opinión dos expertos, un legado permanente para futuras xeracións de historiadores/as da arte.

O profesor John Williams visitou a USC en diversas ocasións e ata o seu falecemento foi membro do comité científico da revista Quintana. Con esta xornada homenaxe, na que se darán cita profesorado, persoal investigador e outros profesionais amigos de John Williams, o grupo Incipit pretende manter viva a súa memoria e dar a coñecer a súa figura e o seu legado entre alumnado e doutorandos/as interesados nas súa liñas de investigación.

A xornada inaugural presidirá o decano da Facultade de Xeografía e Historia ás 9.45 horas no Paraninfo da Universidade. Ademais dos relatorios que presentarán especialistas procedentes do Instituto de Historia do CSIC, da Complutense, da Biblioteca Nacional e da propia USC proxectarase o documental Beatus: the spanish Apocalipsis, protagonizado polo propio John Williams con guión e dirección de Murray Grigor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2016.