Ir o contido principal

Seminario de matemática aplicada en Santiago e Lugo

O profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo José Durany Castrillo impartirá este mércores 23 o seminario ‘Algunhas estratexias numéricas para resolver modelos termohidrodinámicos e de estabilidade dinámica de dispositivos lubricados’. O seminario desenvolverase a partir das 13.00 horas na Aula Seminario do Departamento de Análise Matemática na Facultade de Matemáticas e retransmitirase por videoconferencia no Salón de Graos da Facultade de Ciencias de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.11.2011.