Seminario en Matemáticas sobre as interfaces gráficas reconfigurables para aplicacións científicas
O profesor do Departamento de Matemática Aplicada da USC Francisco José Pena imparte este xoves 30 unha nova sesión dos seminarios do Departamento de Matemática Aplicada.
Ás 11.00 horas na Aula de Informática 5 da Facultade de Matemáticas, ofrecerá a charla Interfaces gráficas reconfigurables para aplicacións científicas, centrada nun dos aspectos que contribúen ao éxito da transferencia dun software científico como é a interface gráfica. Comentaranse as librerías dispoñibles e os aspectos claves no desenvolvemento destas ferramentas, expoñeranse algunhas das aplicacións desenvolvidas no grupo de investigación mat+i e describirase o enfoque que se está adoptando para o salto á web e ás aplicacións executadas na nube.