Ir o contido principal

Seminario en Matemáticas sobre o método de Arlequin aplicado á propagación de ondas

O doutorando do Departamento de Matemática Aplicada da USC Jorge Albella Martínez imparte este xoves 21 unha nova sesión dos seminarios que organiza ese mesmo departamento.

Ás 11.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, ofrecerá a charla ‘O método Arlequin aplicado a problemas de propagación de ondas’ . Este método permite empregar modelos matemáticos e/ou métodos numéricos diferentes nos diversos subdominios do problema, acoplando a formulación a través da rexión de intersección entre ditos subdominios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2016.