Ir o contido principal

Seminario sobre nanotecnoloxía e matemáticas no Campus de Compostela

Os profesores José Rivas e Francisco José Pena, dos departamentos de Física Aplicada e Matemática Aplicada da USC, imparten este martes, día 16, un seminario sobre nanotecnoloxía e matemática.
A xornada, que terá lugar na aula de videoconferencia da Facultade de Matemáticas, comezará ás 11:30 horas coa intervención de José Rivas titulada ‘Nanotecnoloxía: ¿a tecnoloxía do século XXI?’, para continuar unha hora máis tarde coa charla do profesor Pena sobre os aspectos matemáticos aplicados a esa disciplina científica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2007.