Ir o contido principal

Seminario sobre permacultura no marco do proxecto de hortos urbanos da USC

A permacultura ou agricultura permanente centrará a vindeira semana un seminario organizado no marco do programa USC en Transición. Será João Domingues, permacultor e investigador na USC no eido das enerxías renovables e ecoaldeas, quen explique este tipo de prácticas o martes 8 ás 19:30 h na Aula 5 da Facultade de Bioloxía e por videoconferencia no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. A entrada será libre ata completar aforo.

A permacultura é o deseño consciente e mantemento de ecosistemas agrícolas produtivos coa diversidade, estabilidade e resistencia dos ecosistemas naturais. Constitúe un dos piares sobre os que se sustentan as comunidades en transición que buscan dar unha resposta colectiva aos problemas ambientais actuais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2013.