Ir o contido principal

Un seminario en Química analizará a relación entre resonancia magnética nuclear e recoñecemento molecular

O investigador do Centro de Investigacións Biolóxicas (CSIC-Madrid) Jesús Jiménez Barbero imparte os vindeiros días 8 e 9 un seminario incorporado nas actividades formativas titorizadas do Máster Interuniversitario en Química Orgánica.
O doctor Jiménez Barbero disertará sobre resonancia magnética nuclear e recoñecemento molecular en dúas sesións que darán comezo ás 11:30 horas na Aula Magna da Facultade de Química.
Este actividade formativa conta co financiamento do Ministerio de Educación a través do programa de mobilidade de profesores en doutoramentos con mención de calidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2010.