Ir o contido principal

Un seminario reflexiona sobre a memoria contida nos arquivos cistercienses do noroeste peninsular

Un seminario reflexiona sobre a memoria contida nos arquivos cistercienses do noroeste peninsular
Un seminario reflexiona sobre a memoria contida nos arquivos cistercienses do noroeste peninsular

O proxecto de investigación ‘Libros, memoria e arquivos: cultura escrita en mosteiros cistercienses do noroeste peninsular (XII-XIII)’ (LEMACIST) desenvolve este luns no Paraninfo da Universidade o seu primeiro seminario arredor do estudos dos arquivos cistercienses. Na sesión inaugural participaron o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López; o decano de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; e a organizadora do Seminario e investigadora principal de LEMACIST, a profesora de Ciencias e Técnicas Historiográficas, Ana Suárez González.

No bloque ‘Lema e memoria’, o profesor da USC Ermelindo Portela Silva aludiu a Bernardo de Claraval e a implantación cisterciense no noroccidente ibérico, e Ghislain Baury, Université du Maine, ao estado da cuestión respecto das comunidades femeninas nos século XII e XIII. No seguinte bloque, ‘De documentos e arquivos’, James D’Emilio (University of South Florida) presenta o relatorio ‘As parroquias galegas na documentación do Císter: administración, clero e produción documental’ e María Teresa Carrasco Lazareno, Universidade Autónoma de Madrid, o titulado ‘Scripsit et notuit testimonium peribuit. Notarios e documentación do mosteiro de Santa María de Monfero c. 1140-1250’.

No encontro interveñen tamén Xavier Varela Barreiro, da USC, sobre ‘Os corónimos Gallaecia, Galiza e Galicia na documentación cisterciense do noroeste peninsular na Idade Media’; Carmen Rodríguez López, da Universidade de León, con ‘Os ‘tumbos’ dos séculos XVI-XVII: documentación estratéxica e ‘plan de emerxencia’ nos mosteiros cistercienses do noroeste peninsular’, e finalmente Ana Suárez González, da USC, co relatorio ‘Búscanse libros’.

De esquerda a dereita, Juan Monterroso, Roberto López e Ana Suárez (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2016.