Os seminarios da Facultade de Filosofía levarán o nome de pensadoras ilustres
A Facultade de Filosofía da USC presentou este xoves as novas denominacións dos seminarios do centro logo de acordar nomealos con nomes propios de filósofas e pensadoras ilustres. “Para elixir estes nomes fíxose una votación entre as áreas de coñecemento, os estudantes e a Comisión de Calidade e Grao do Centro”, explicou o decano Marcelino Agís, quen estivo presente no acto xunto á vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo.
Un destes seminarios tiña xa o nome de Sala Hipatia e á mesma seguiranlle Judith Butler, María Zambrano, Simone de Beauvoir, Elizabeth Anscombe, Margaret Mead e Martha Nussbaum. “Neste momento xa están rotulados os seminarios e imos completar no futuro esta acción poñendo una breve información sobre a biografía de cada autora seleccionada, cun código QR para que calquera persoa poida ter acceso a una información máis ampla”, engadiu o profesor Agís. “Con esta iniciativa pretendemos poñer en valor a achega das mulleres á historia da filosofía e rematar coa invisibilidade das filósofas nos libros de Historia da Filosofía ou temarios académicos”, concluíu.