Os seminarios Histagra revisan o papel da agricultura na historiografía recente a partir da crise dos anos 30 en España
O doutor en Historia Contemporánea Sergio Riesco Roche trae á debate nos Seminarios Histagra 2014 o papel da agricultura na historiografía recente sobre a crise dos anos 30 en España (2004-2014), tema dunha conferencia que comezará ás 12.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e América. O relatorio analiza o papel que desempeñou a agricultura no escrito sobre a década de 1930. Así, Pedro Riesco realiza un percorrido polos grandes formatos e temas, o que inclúe o tratamento que recibiu a agricultura nos manuais de historia económica recentes. A continuación abordará o papel da agricultura no crecemento económico, a reforma agraria no seu conxunto, a súa relación coa guerra civil e o papel das colectivizacións e a contrarreforma agraria. Sergio Riesgo é profesor de Xeografía e Historia no IES La Cabrera de Madrid. Entre as súas publicacións destacan El Sexmo de Plasencia (1766-1905), Bibliografia sobre la Guerra Civil española y La reforma agraria y los orígenes de la guerra civil (1931-1940), así como diversos artigos en revistas científicas e obras colectivas sobre a cuestión agraria na España contemporánea, a emigración e a ensinanza da Historia.