Ir o contido principal

Senén Barro ingresa na Reial Acadèmia de Doctors

Senén Barro ingresa na Reial Acadèmia de Doctors
Senén Barro ingresa na Reial Acadèmia de Doctors

O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e ex reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, ingresará este martes 24 como académico correspondente na Reial Acadèmia de Doctors.

Na cerimonia oficial de ingreso, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Capitular do Col.legi d’Art Major de la Seda en Barcelona, o profesor Barro pronunciará o discurso Unha mellor universidade para unha economía máis responsable, que será contestado polo vicepresidente da Academia, Jaime Gil i Aluja.

A Reial Acadèmia de Doctors está formada por cen académicos distribuídos en cinco seccións: Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais, Ciencias Humanas, Ciencias Experimentais e Ciencias Tecnolóxicas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2012.