Ir o contido principal

O Servizo de Deportes organiza un roteiro polo Ulla

O Servizo de Deportes organizará o mércores 24 un roteiro polo Ulla no que aínda é posible formalizar a preinscrición a través da web. Con saída da Piscina universitaria a partir das 16.30 horas, está previsto un recorrido de aproximadamente 8 quilómetros e un grao baixo de desnivel, con unha dificultades igualmente baixa.

Este roteiro comezará en Pontevea, unha emblemática ponte medieval do século XV que permite cruzar o río Ulla e, deste xeito, unir os concellos de Teo e A Estrada. O río Ulla, por onde transcorrerá o percorrido, garda unha gran riqueza natural, pola calidade das súas augas e pola conservación dos bosques de ribeira. O percorrido transitará primeiro pola beira do río pertencente ao concello de Teo ata a ponte colgante do Xirimbao dende onde, logo de cruzala, comezará o traxecto de volta pola beira do concello da Estrada. A xornada estará guiada por Víctor Fidalgo, da Fundación USC Deportiva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.10.2018.