O Servizo de Deportes organiza unha nova ruta de sendeirismo por Catoira
O Servizo de Deportes da USC convida a toda a comunidade universitaria a celebrar o fin de ano cunha ruta de sendeirismo por Catoira. O percorrido, que comeza e remata nesa vila percorrendo a beira do río Ulla, desenvolverase na mañá do día 31 de decembro. Por outra banda, xa están abertos os prazos de inscrición na categoría A nos cursos de Intervaltono, aerobic e step que terán lugar entre o 16 de xaneiro e o 31 de maio, cunha xornada de portas abertas a primeira semana do curso. As persoas das restantes categorías poderán inscribirse a partir do 21 de decembro. Quen desexe máis información sobre algunha destas actividades debe dirixirse á Piscina Universitaria de 9.00 a 14.00 horas ou nos teléfonos 881 815 071 e 881 815 073.