Ir o contido principal

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta en Lugo o seu vocabulario de termos do ámbito forestal

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta en Lugo o seu vocabulario de termos do ámbito forestal
O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta en Lugo o seu vocabulario de termos do ámbito forestal
O libro recolle máis de 2.400 conceptos en galego, castelán e inglés relacionados co monte, os seus elementos, produtos, actividades e usos

O Servizo de Normalización Lingüística da USC presenta o sexto volume da súa colección ‘ Vocabularios temáticos’, dedicado nesta ocasión ao ámbito forestal, e no que se recollen máis de 2.400 termos en galego, castelán e inglés, nunha edición do Servizo de Publicacións da USC que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo. Os autores do libro son os profesores e investigadores da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo Antonio Rigueiro Rodríguez, José Javier Santiago Freijanes, Pablo Vila Lameiro e Juan José Villarino, baixo a coordinación do responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC no Campus de Lugo, Xusto A. Rodríguez Río. Na rolda de prensa de presentación, que terá lugar o xoves 13 ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, participarán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o deputado da Área de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro; o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno; o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala; e Antonio Rigueiro, un dos autores da obra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.