Ir o contido principal

O Servizo de Participación e Integración da USC abre inscrición no curso básico de igualdade que se celebrará no Cactus

Os distintos obradoiros programados nesta actividade desenvolveranse os días 12, 14, 19 e 20 de abril no campus de Lugo

O Servizo de Participación e Integración da USC vén de abrir o prazo de inscrición no Curso práctico de igualdade , recursos prácticos para educar en valores, que se desenvolverá os vindeiros días 12, 13, 19 e 20 de abril nas dependencias do edificio Cactus do campus de Lugo.

Este curso básico de igualdade está aberto á participación do estudantado da USC, así como de todas aquelas persoas que queiran adquirir coñecementos básicos en materia de igualdade, para así aprender a identificar actitudes e comportamentos que producen desvantaxe e discriminación por razón de xénero. Os obradoiros programados no curso, que se serán impartidos por diversos profesionais convidados, invitarán aos asistentes a reflexionar sobre cuestións referidas á igualdade, tales como son as normas sociais ou os valores e comportamentos que definen as funcións de mulleres e homes, a fin de identificar así posibles . A metodoloxía deste curso BIG baséase na participación activa do alumnado mediante dinámicas de traballo en grupo, nas que os asistentes farán uso didáctico de diferente material audiovisual. A especial atención que prestará este curso aos medios audiovisuais vese xustificada no feito de que na actualidade son un dos axentes de socialización máis importantes, ao tempo que constitúen un soporte de traballo moi valioso para a prender a educar en valores e permiten ver como se transmiten e se reproducen algúns dos estereotipos asociados ao xénero.

O prazo de inscrición neste curso básico de igualdade organizado polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC permanecerá aberto ata o 11 de marzo. Os interesados, que deberán pagar 40 euros de matrícula, poden inscribirse xa a través da páxina web www.usc.es/sepiu.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2013.