Ir o contido principal

O Servizo de Publicacións ofrece descontos do 35% en todos os títulos do seu catálogo editorial

Coincidindo coa celebración o 23 de abril do Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, o Servizo de Publicacións da USC (SPIC) ofrecerá entre os días 22 e 30 de abril un desconto especial para a comunidade universitaria do 35% en todos os títulos do seu catálogo. As persoas interesadas poden dirixirse ao punto de venta deste servizo universitario tanto no Campus de Santiago (Casa Grandín, Campus Vida) como no Campus de Lugo (Vicexerencia) en horario de 9.00 a 14.00 horas. Na actualidade, o fondo vivo do Servizo de Publicacións aproxímase aos mil títulos comercializados, aos hai que sumar, en termos de produción viva total, 1.456 teses de doutoramento e máis de 5.600 artigos de revistas en acceso aberto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2023.