Ir o contido principal

O Servizo de Publicacións da USC incrementa a edición de libros en acceso aberto

O Servizo de Publicacións da USC incrementa a edición de libros en acceso aberto
O Servizo de Publicacións da USC incrementa a edición de libros en acceso aberto

Cada vez son máis os autores que se deciden pola edición dixital e en acceso aberto dos seus libros, aínda máis en tempos nos que o aforro en impresión e encadernación supón un estímulo engadido. Catro son os novos libros que dende este mes de decembro o Servizo de Publicacións oferta para a súa descarga gratuíta e en acceso aberto tanto na libraría dixital da USC como no repositorio institucional. Trátase de Gestión de residuos sólidos de uso agrícola , de Elvira López Mosquera e Mª Jesús Sáinz Osés ; Bilingual Legal Dictionary (English-Spanish), coordinado por Miguel Abel Souto e Luís Iglesias Rábade; A discapacidade en imaxe , baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión e Ana I. Rodríguez; e A planificación da normalización lingüística en centros non universitarios , coordinado por Bieito Silva, Xesús Rodríguez e Isabel Vaquero. Todos os libros aloxados en acceso aberto contan, en materia de propiedade intelectual, con idénticas garantías ca os libros impresos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.12.2011.