Ir o contido principal

O Servizo de Publicacións da USC participa estes días en Liber

O director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan Blanco, participa estes días na 31ª Feira Internacional do Libro, Liber, que ata o próximo día 6 será o escaparate da produción literaria en España. O servizo de Publicacións da institución compostelá expón as súas principais novidades no stand da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) compartindo presenza con outras institucións universitarias. Ao longo destes días, ademais de presentar as liñas de traballo que a Universidade compostelá desenvolve no terreo editorial, o responsable deste servizo mantén contactos con representantes de distribuidoras así como de plataformas dixitais de contidos na procura de posibles colaboracións para proxectos conxuntos. A edición de LIBER deste ano ten como obxectivo manterse como o maior encontro editorial do libro en español e dotarse do impulso necesario para dar respostas aos retos e oportunidades que ofrece o momento de transformación que vive o sector editorial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2013.