Nova sesión do ciclo de charlas do grupo de posgraduados da Facultade de Física
A investigadora Anabel Morales é a próxima convidada do ciclo de charlas do grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET), que se celebra este mércores 23 ás 18:00 horas na Aula 140 da Facultade de Física. Integrante do grupo experimental de Núcleos e Partículas do Departamento de Física de Partículas da USC, Anabel Morales pronunciará o relatorio ‘ Beta-decay studies of nuclei approaching th er-process path near the 126-neutron shell closure’. Nela ofrecerá unha visión dos seus estudos de doutoramento sobre o núcleo atómico do chumbo.