Ir o contido principal

Nova sesión do ciclo de charlas sobre Xenética Médica

O doutor Ángel García Alonso, da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico da USC (RIAIDT), protagoniza este venres, día 19, unha nova sesión do Ciclo de Charlas sobre Xenética Médica 2007.
Ángel García acude a esta ciclo cunha conferencia na que analizará a ‘Proteómica aplicada á análise de vías de sinalización intracelular en plaquetas humanas’. A sesión celebrarase a partir das 13:00 horas na Aula 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.01.2007.