Ir o contido principal

Sesión informativa sobre a busca de emprego na Facultade de ADE de Lugo, o día 10 de febreiro

As persoas interesadas poden inscribirse de balde a través do correo electrónico: emprego.lugo@usc.es

A Universidade, a través da Área de Orientación Laboral e Emprego da vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, organiza unha sesión informativa sobre orientación e inserción laboral que se desenvolverá o vindeiro martes, día 10 de febreiro, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo.

A técnico Gloria Cruz Amil, será a encargada de guiar esta sesión, durante a que informará sobre a situación actual do mercado laboral, así como dos modelos para a elaboración de currículos e cartas de presentación e dos procesos de busca activa de emprego e prácticas laborais.

Os procesos de selección, as entrevistas de traballo, o perfil de titulados universitarios que demandan as empresas e información sobre bolsas, prácticas, programas de formación... serán outros dos temas sobre os que Cruz Amil ofrecerá cumprida información durante esta sesión informativa, que se prolongará durante dúas horas, de 11.00 a 13.00 horas. As persoas interesas en participar como asistentes nesta xornada de orientación e inserción laboral poderán formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). As mensaxes enviadas deberán indicar como asunto ‘Charla de orientación laboral’, ademais de nome e apelidos de cada demandante, D.N.I., teléfono de contacto e titulación en curso ou xa rematada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2015.