Ir o contido principal

Sesión informativa sobre o programa Ideas e as convocatorias Advanced Grants e Synergy Grants de 2012

Unha sesión informativa no CIQUS dará conta aos investigadores da USC das particularidades do Programa Ideas e máis concretamente das novas convocatorias Advanced Grants e Synergy Grants de 2012. Este mércores 30 a partir das 11.00 horas a sesión contará como convidados ao catedrático de Química Física da Universidade de Vigo, Luis Liz Marzán, que acadou unha Advanced Grant na convocatoria 2010; ao investigador Ramón y Cajal na USC, Miguel Pérez, beneficiario dunha Starting Grant en 2011; e a Esther Rodríguez, da Oficina Europea do Ministerio de Ciencia e Innovación punto de contacto nacional do Programa Ideas en España. O obxectivo de ambas as dúas convocatorias é financiar proxectos de investigación fundamental nas fronteiras da ciencia e a tecnoloxía de acordo exclusivamente con criterios de excelencia científica. A investigación poderá levarse a cabo en calquera ámbito da ciencia ou tecnoloxía, enxeñaría, ciencias socioeconómicas e humanidades, a través de equipos independentes dirixidos por un investigador principal consolidado (Advanced Grants) ou pola alianza de investigadores principais excelentes (Synergy Grants). A USC posúe unha destacada participación no programa IDEAS, no marco do que catro investigadores novos acadaron candansúa Starting Grant, situando á compostelá como a primeira das universidades españolas na pasada convocatoria de 2011.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2011.