Ir o contido principal

Nova sesión das NerdNites, que chegan ás cen charlas

Nova sesión das NerdNites, que chegan ás cen charlas
Nova sesión das NerdNites, que chegan ás cen charlas

O vindeiro mércores 15 terá lugar unha nova sesión das NerdNites con tres temas singulares como son exaculación feminina, fuso horario e cannabis. Coa xornada, ás 21:30 horas na Nave de Vidan, esta proposta lúdico-científica chega ás 100 charlas.

A psicóloga sanitaria, sexóloga e fundadora de ‘Con Mucho Gusto!’, Martina González Veiga, intervirá coa charla ‘Chove sobre mollado: exaculación feminina’, mentres que o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira fará o propio con ‘ O fuso horario é inocente’. Por último, ‘ Que queres saber e non te atreves a preguntar sobre o cannabis?’ é a proposta de Manuel Isorna Folgar, técnico en prevención de drogodependendencias do Concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2017.