Ir o contido principal

Sesión ordinaria do Claustro Universitario

O Claustro da Universidade de Santiago reunirase este xoves, 2 de novembro, en sesión ordinaria para tratar, entre outros asuntos, a aprobación da actualización das Liñas Xerais da Programación Plurianual e das Liñas Xerais do Orzamento para 2018.

A sesión, na que tamén se elixirá o valedor ou valedora da comunidade universitaria, terá lugar ás 9.30 horas (10.00 en segunda) no Salón de Actos da Facultade de Medicina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2017.