Ir o contido principal

Nova sesión do programa de emprendemento impartido pola Escola de Organización Industrial no edificio Cactus

Dezasete estudantes de posgrao participarán o venres 12 de abril nesta xornada formativa, que se desenvolverá no campus de Lugo en horario de 9.00 a 14.30 horas

O edificio Cactus do campus de Lugo acubillará este venres, en horario de 9.00 a 14.30 horas, unha nova xornada do programa de iniciativa emprendedora promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Secretaría Xeral de Universidades.

Este seminario sobre emprendemento, que conta con 17 inscritos no campus de Lugo e que se prolongará durante dous meses, vai dirixido a titulados universitarios matriculados en calquera dos másteres ofertados pola Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta iniciativa formativa e favorecer o coñecemento do proceso de creación de empresas e achegar a cultura e a figura do emprendedor aos titulados universitarios. As distintas sesións teóricas programadas, que serán impartidas por profesionais da Escola de Organización Industrial, abranguen contidos que van desde o ecosistema do emprendedor ata a presentación de proxectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2013.