Sesións prácticas de meditación na Biblioteca Concepción Arenal
A Biblioteca universitaria Concepción Arenal organiza a través da Fundación USC Deportiva sesións prácticas de meditación para aprender técnicas coas que afrontar momentos de máxima esixencia como a fin do curso académico.
As sesións serán de vinte minutos e terán lugar na Sala de descanso da Biblioteca a partir do luns 6 de maio con grupos de entre 20 e 25 persoas. Para participar hai que apuntarse no mostrador da biblioteca, enviar un correo electrónico cos datos indicando quenda de mañá ou de tarde a derprest [at] usc.es (derprest[at]usc[dot]es) ou chamar ao 881 815 210.