Ir o contido principal

A sétima edición do Encontro da Mocidade Investigadora concluíu con participación récord

Participaron practicamente 350 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas

A sétima edición do Encontro da Mocidade Investigadora acadou un récord de participación con practicamente 350 investigadoras e investigadores de doutoramento. Este evento, celebrado dende o ano 2012, busca favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento entre estudantes de doutoramento. Celebrado na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Como novidade deste ano, o Encontro contou coa participación non só de investigadores novos da USC, senón tamén das outras dúas Universidade galegas, converténdose nunha nova ferramenta para a difusión e colaboración científicas dentro do Sistema Galego de Universidades. Celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación, nestas xornadas presentáronse os avances máis relevantes nas investigacións das principais liñas temáticas de cada eido de investigación, o que ofreceu un marco destacado para debater e discutir os diferentes traballos, potenciando así a xeración de novas ideas e oportunidades de colaboración científica interdisciplinaria.

Tamén nesta ocasión entregáronse catro premios ás mellores comunicación científicas orais nas áreas das Ciencias Experimentais e Enxeñaría, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Ciencias da Saúde, e que corresponderon a Alberto Rodríguez Vázquez, Inmaculada Pérez Casal, Andrei Quintiá Pastrana, e Daniel Sobrido Cameán, respectivamente. Lucía Bada Díaz recibiu o premio ao mellor póster científico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2019.