Ir o contido principal

Un simposio aborda martes e mércores a relación entre compost, agroecoloxía e clima na Casa do Saber

O mestre compostador Ramón Plana explicará este martes, a partir das 10.00 horas, cuestións xerais do proceso de compostaxe e falará da funcionalidade deste recurso

A Universidade de Santiago de Compostela os días 23 e 24 de xullo, na Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, as relacións entre compost, agroecoloxía e cambio climático, no marco do III Simposio de Compostaxe, unha actividade formativa e de carácter divulgativo incluída na programación da Universidade de Verán 2013.

Este simposio, no que intervirán como relatores profesores universitarios e profesionais do sector privado, pretende a promoción do uso do compost de materia orgánica como método de xestión de residuos agrarios e orgánicos e da agricultura ecolóxica para reducir os efectos do cambio climático, segundo sinala o profesor da USC e director do programa. Xan Neira Seijo salienta asemade que a análise e o coñecemento dos beneficios do compost e das prácticas agroecolóxicas cara un maior desenvolvemento rural, é outro dos cometidos deste curso, cuxo acto de inauguración se celebrará ás 9.30 horas no auditorio da Casa do Saber. O mestre compostador e consultor en tratamentos biolóxicos de residuos Ramón Plana González-Sierra explicará este martes 23, a partir das 10.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, no relatorio de apertura deste seminario algúns aspectos xerais do proceso de compostaxe de residuos orgánicos, ao tempo que informará sobre a diversa funcionalidade deste recurso. O manexo ecolóxico dos solos e o cambio climático é o título do relatorio que ofrecerá tamén na xornada inaugural deste seminario estival o catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago, Francisco Díaz-Fierros. Xa en quenda de tarde, as 27 unha visita pola Reserva da Biosfera Terras do Miño. A mitigación/adaptación ao cambio climático e a ecoloxía da PAC será o eixo temático do primeiro relatorio da xornada de clausura deste curso, na que o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Xoán Neira Seijo tamén aportará a súa visión sobre se a biomasa forestal natural e os residuos gandeiros son unha solución ou un problema.

O curso ‘Compost, agroecoloxía e cambio climático’, dirixido por Xan Neira Seijo e Anna Cervera Iglesias, concluirá o mércores 24 de xullo con dous relatorios sobre o compoñente verde e as medidas de regulación climática na PAC e sobre o Partenariado Europeo de Innovación (EPI) Produtividade e sustentabilidade agraria. Asemade, xa en quenda de tarde, o programa do III Simposio de Compostaxe inclúe a celebración dun taller de produción agroecolóxica e compost no complexo ecoagroturismo Arqueixal, no concello de Palas de Rei.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2013.