Sinatura de acordo polo que o grupo ANTE da USC será polo de referencia en España do Ano Internacional do Entendemento Global
O reitor da USC, Juan Viaño, e o profesor da Universidade de Jena (Alemaña), Benno Werlen, asinarán este venres 29 ás 10.30 horas un acordo no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) polo que o grupo de investigación ANTE, adscrito ao IDEGA, se converterá no centro de referencia do Ano Internacional do Entendemento Global (IYGU), ou da Xeografía, impulsado pola UNESCO desde marzo de 2016 e ata inicios de 2017.
Ao acto asiste o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e os responsables do polo, os docentes Rubén Lois e Mª José Piñeira.
A continuación terá lugar unha sesión de presentación dos contidos e actividades do Ano Internacional do Entendemento Global na que intervirán Benno Werlen, director do IYGU; o profesor Rubén Lois; a presidenta das Escolas UNESCO de Galicia, Luisa Márquez; e catro estudantes do IES de Ponteareas.