Sinatura de convenio de colaboración entre a USC e a Fundación Luís Tilve
A Universidade de Santiago e a Fundación Luís Tilve colaborarán na organización de diversos eventos académicos así como na realización de consultas documentais, investigacións, encontros de investigadores e publicacións en virtude do convenio que se asinará este venres 27.
Serán o reitor da USC, Senén Barro, e o presidente da Fundación, Xesús Mosquera, quen asinen o acordo marco de colaboración este venres ás 12:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.