Ir o contido principal

Sinatura de convenio coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a adecuación e posta en marcha de estruturas de investigación

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinarán este luns 13 un convenio para a apertura e posta en funcionamento do Centro de Biomedicina Experimental (CEBEGA) da USC e para o acondicionamento de laboratorios e espazos de investigación na Facultade de Físicas.

O acto de sinatura terá lugar a partir das 11.00 horas no CIMUS, no Campus Vida da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2016.