Ir o contido principal

Sinatura dun convenio para a constitución da Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo

A sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo acolle este xoves 10 ás 12.00 horas a sinatura dun convenio para a constitución da Rede TIL de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo. A Rede TIL está formada polo persoal técnico dos servizos de emprego de ASFEM-AFAMMER, Cáritas Diocesana de Lugo, COGAMI, Cruz Vermella, Down Lugo, FADEMGA, FAXPG, FEAFES Galicia, a Fundación Secretariado Xitano e a Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo. Trátase dun foro de encontro, discusión e traballo entre entidades do terceiro sector, en coordinación coa USC, para afondar no coñecemento mutuo de estratexias, modelos e formas de actuación que permitan mellorar o seu labor e acadar un maior grao de eficacia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2011.