Ir o contido principal

Sinatura dun convenio para a creación da cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios

O reitor Senén Barro e o presidente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Rafael Luaña de la Viña, asinarán o vindeiro luns 30 un convenio de colaboración para a creación da Cátedra institucional de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. A sinatura protocolaria do convenio celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A Cátedra asumirá como finalidade o fomento da docencia, a investigación e a difusión dos coñecementos no campo da Hidroloxía Médica. Para elo, encargarase da organización de cursos, seminarios ou conferencias; a promoción da investigación neste eido; ou de favorecer a difusión e o coñecemento deste ámbito de estudo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2009.