Sinatura dun convenio para a creación da Cátedra USC-Unesco sobre Cultura de Paz e dos Dereitos Humanos
A Universidade de Santiago vai contar de inmediato cunha nova Cátedra Unesco dedicada á Cultura de Paz e dos Dereitos Humanos. Este é o obxectivo do convenio que se vai asinar este martes 20 coa presenza da vicerreitor de Investigación, Mª José Alonso; o presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza; e o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Díos Diz.
A sinatura deste acordo celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Esta nova Cátedra promoverá un sistema integral de actividades de investigación, formación, información e documentación orientadas ao dominio da cultura de paz e dos dereitos humanos. A Cátedra constituirá un instrumento para facilitar a colaboración entre investigadores de proxección internacional, docentes universitarios e doutras institucións así como outros Departamentos Unesco.