Ir o contido principal

Sinatura dun convenio marco entre a USC e a Fundación Inade-Instituto Atlántico do Seguro

No mesmo acto asinarase un contrato para a elaboración dun informe sobre a xestión de riscos e seguros na empresa galega

O reitor Juan Casares e o presidente do Padroado da Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro, Antonio Cobián Varela, asinará o luns 2 de xuño un convenio marco entre ambas institucións. A sinatura protocolaria celebrarase a partir das 11.45 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O principal cometido de INADE é o fomento da economía social e de desenvolvemento da economía produtiva a través do coñecemento nas materias de xerencia de riscos e o seguro. No mesmo acto, asinarase tamén un contrato de asesoramento e asistencia técnica polo que un equipo de investigación supervisado polo profesor Luis Otero González, do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, se encargará de elaborar o informe ‘Xestión de Riscos e Seguros na empresa galega’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2014.