Ir o contido principal

Sobresaliente cum laude para unha tese que estuda o impacto económico do ‘turismo académico’

Nos últimos anos o turismo relacionado cos intercambios universitarios está cobrando importancia como unha nova tipoloxía coa que existe, porén, bastante confusión na súa conceptualización. De aí que Ewa Pawlowska, do Departamento de Economía Aplicada, propoña o termo ‘ turismo académico’ na súa tese de doutoramento que acadou a cualificación de Sobresaliente cum laude. No seu traballo de doutoramento europeo que dirixiron os profesores Fidel Martínez Roget e Xosé Antón Rodríguez González tratou de estimar o impacto económico xerado polos estudantes estranxeiros recibidos polas universidades galegas no curso académico 2007-2008 ademais de investigar os determinantes da demanda do turismo académico en Galicia. A tese foi xulgada polos especialistas no campo do turismo e da economía aplicada José Carlos de Miguel Domínguez e Pilar Murias Fernández, da USC; Enrique Torres Bernier, da Universidade de Málaga; María Celeste De Aguiar Eusébio, da Universidade de Aveiro; e Elvira Pacheco Vieira, da do Minho.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2011.