Ir o contido principal

A Sociedad Menéndez Pelayo homenaxeou o profesor emérito da USC José Manuel González Herrán

A Sociedad Menéndez Pelayo homenaxeou o profesor emérito da USC José Manuel González Herrán
A Sociedad Menéndez Pelayo homenaxeou o profesor emérito da USC José Manuel González Herrán

O Paraninfo da Universidade de Cantabria acolleu estes días pasados un congreso en homenaxe ao profesor emérito e catedrático xubilado da USC José Manuel Gonzalez Herrán, organizado pola Real Sociedad Menendez Pelayo. Nese encontro científico presentouse o último libro do profesor González, titulado Erase un muchacho … y otros estudios peredianos que recolle os 60 artigos que González Herrán dedicou ao estudo de José María de Pereda.

O congreso estivo dedicado á literatura española dos séculos XIX, XX e XXI, e nel participaron máis de sesenta investigadores españois e de varios países europeos e dos Estados Unidos. Entre eles atopábanse os da USC Santiago Fernandez Mosquera, José María Viña, Ermitas Penas, Cristina Patiño, Juan Casas, Antonio Azaustre, Fernando Cabo, Anxo Abuín, Santiago Díaz e María Xosé Rodriguez Galdo. Tamén asistiu á homenaxe o ex reitor da USC Juan Casares Long e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Como peche do encontro, o homenaxeado pronunciou a lección maxistral ‘Acerca del primer capítulo de El sabor de la tierruca’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.10.2016.