A sociedade cre maioritariamente na existencia do cambio climático e llo atribúe ao ser humano

Oito de cada dez persoas en España cre maioritariamente na existencia no cambio climático e na súa causalidade humana, segundo se desprende do informe ‘A sociedade ante o cambio climático. Coñecementos, valoracións e comportamentos na poboación española 2011’ que presentou este luns en Madrid o profesor de Educación Ambiental na USC, Pablo Meira Cartea, membro do grupo de investigación en ‘Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da USC que realizou o estudo. A presentación contou ademais coa presenza da secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribero, e do presidente e do director xeral do Instituto de Prevención, Saúde e Medio Ambiente da Fundación, Carlos Álvarez e Antonio Guzmán, respectivamente. De todos os xeitos, os datos din que o cambio climático non é un problema relevante para boa parte dos españois; téndese a considerar o cambio climático como unha ameaza deslocalizada no espazo e diferida no tempo. Case o 60 por cento da poboación móstrase “indiferente” ante este fenómeno, debido en gran parte a que se consideran pouco informados acerca das súas consecuencias e as medidas para previlo. Non obstante, apunta Pablo Meira, “as medidas e as políticas de resposta, tanto individuais como colectivas, reciben un apoio maioritario, principalmente aquelas que implican un menor custe”. O estudo identifica catro grupos de poboación en relación co cambio climático. O primeiro deles está composto polos “escépticos” (2 por cento) que no creen neste fenómeno; un segundo, representado por case o 60 por cento da poboación, máis preocupado polo problema pero que apenas lle presta importancia e non o manifesta no seu comportamento; un terceiro, o 30 por cento, que percibe a súa gravidade pero non o reflicte moito nos seus hábitos; y un último colectivo, o dos “ comprometidos”, que supón o 9 por cento dos enquisados. Hábitos e costumes Entre os hábitos máis comúns dos españois para protexer o medio ambiente destaca apagar as luces e aparatos eléctricos cando non se usan (81,8 por cento), reciclar vidro e papel (65%) e acurtar o tempo da ducha para aforrar enerxía e auga (67%). Ademais, 6 de cada dez enquisados emprega lámpadas de baixo consumo e compra electrodomésticos que consumen menos enerxía, e case 1 de cada 2 leva as súas propias bolsas para facer a compra. O estudo reflicte tamén a opinión que teñen os españois acerca das medidas levadas a cabo polos gobernos e nese sentido destacan as dirixidas a promocionar o transporte público e a bicicleta; instalar sistemas de iluminación eficiente nas vías públicas; subvencionar o illamento de vivendas e a compra de electrodomésticos eficientes; destinar máis fondos a investigación e proporcionar máis información ao consumidor sobre as emisións de CO2 asociadas a produtos ou servizos. Como dato interesante, 6 de cada 10 enquisados está de acordo con que se suban os impostos aos automóbiles máis contaminantes e se prohiban os sistemas de ‘stand by’ en electrodomésticos. O traballo O traballo forma parte dunha serie bianual de estudos que teñen por obxectivo facer un seguimento de como a sociedade española representa e valora a ameaza do cambio climático e en qué medida están dispuestos los españoles a cambiar sus estilos de vida para reducir este fenómeno. Con respecto a 2009 os investigadores advirten unha certa perda de relevancia social dese fenómeno como ameaza inminente e significativa, eclipsado pola crise económica e as súas consecuencias. A investigación realizouse en base a un convenio establecido entre o Grupo SEPA e a Fundación Mapfre, contando tamén coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Ademais do persoal investigador da USC na súa elaboración participan técnicos do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) e da Oficina Española de Cambio Climático e de outras universidades españolas.