Ir o contido principal

A Sociedade de Dereito Contractual Europeo celebra en Santiago a súa conferencia anual

O profesor da USC Javier Lete, en primeiro plano, é un dos responsables do encontro
O profesor da USC Javier Lete, en primeiro plano, é un dos responsables do encontro

Especialistas en dereito contractual chegados de 23 países reúnense este venres e sábado na Facultade de Dereito para asistir á Conferencia Anual da Sociedade de Dereito Contractual Europeo (Society of European Contract Law–SECOLA) que este ano se celebra en Compostela. Durante os dous días da conferencia, nesta ocasión centrada no dereito contractual europeo e os dereitos da propiedade, terán lugar numerosos relatorios a cargo de persoal experto de Canadá, Holanda, Portugal, Estados Unidos, Italia, Alemaña, España e Luxemburgo. Ademais, na tarde do venres desenvolverase a asemblea xeral da asociación. Os responsables do encontro, organizado en colaboración co grupo de investigación en Dereito Privado Europeo da USC, son os profesores de Dereito Civil Javier Lete, de Santiago de Compostela; Stefan Grundmann, da Universidade Humboldt de Berlín; e Fernando Gómez, da Pompeu Fabra de Barcelona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2013.