Tras o solpor deste venres e sábado poderase observar durante uns minutos o cometa Mc Naught
Tras o solpor de hoxe venres, día 12, e o deste sábado 13 poderase observar durante uns minutos o cometa C/2006 P1, coñecido como Mc Naught, segundo informa o director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo. Este obxecto, descuberto por Rob McNaught o 7 de agosto de 2006 dende o observatorio de Siding Spring en Australia, está a acadar nestes días o máximo brillo dada a súa proximidade ao Sol.
Para a súa observación, dende o Observatorio da USC recoméndase rastrear con prismáticos a zona do horizonte xusto por onde se puxo o Sol e á dereita de Venus e situarse nun lugar elevado co horizonte oeste perfectamente despexado, tendo en conta que a visibilidade vai ser só duns 10 ou 15 minutos despois do solpor, que hoxe xoves en Santiago terá lugar ás 18:19 horas.