O Sonoro Maxín presenta ‘Sete dezasete’ este xoves na luguesa Praza de Santa María no concerto de clausura do Lubicán

A banda ourensá O Sonoro Maxín, unha formación xurdida en Ourense en 2017 logo da xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum, presentará este xoves 31 de maio na Praza de Santa María de Lugo (Círculo das Artes, en caso de choiva) o seu segundo e último traballo, ‘Sete dezasete’, no concerto de clausura do ciclo Lubicán 2018, un programa a prol da música en galego e feita por artistas galegos promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
O concerto de O Sonoro Maxín, o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, acuñando e empregando nos seus concertos o termo “Galicia Tropical”, comezará ás 21.00 horas. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado.
Logo dunha traxectoria de máis dunha década e dous discos publicados, O Sonoro Maxín chega a Lugo tras percorrer toda a xeografía galega, onde ofreceron máis de 150 concertos nos que tiveron oportunidade de compartir escenario con grupos como Manu Chao Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. Ademais de Galicia, a banda integrada por Abraham ‘el niño’, guitaras; Cristina Asenjo, acordeón; Ico, voces e acordeón diatónico; Jaime Mateo, batería, e Xurxo Brea, baixo e contrabaixo, tamén completou unha xira por Portugal, ao tempo que levou a súa música ata Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, entre outros escenarios internacionais e nacionais.
En ‘Sete dezasete’, un álbum de estudo producido polo músico e produtor catalán Marià Roch, O Sonoro Maxín producido polo músico e produtor catalán Marià Roch, ofrece ao público unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.
O 7 e o 17 son dous números importantes para esta banda de Ourense, son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera, ao tempo que tamén son os días de feira en Ourense. As músicas de ‘Sete dezasete’ nacen ao redor do caos organizado desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente.