Sorteados os premios entre os alumnos que realizaron a matrícula por internet
Oito estudantes da USC que realizaron a matrícula a través de internet resultaron agraciados con diversos premios no sorteo que tivo lugar na mañá deste xoves pasado.
Os teléfonos móbiles correspondéronlles aos estudantes Breixo Gómez, de Económicas; Sonia Rodríguez Fernández, de Farmacia; Sonia Bello, de Educación Musical; Sonia Rodríguez Jiménez, de Veterinaria; e Gloria González, de Medicina.
Pola súa banda, a alumna de Relacións Laborais Sonia Pérez gañou unha viaxe para dúas persoas a unha cidade europea; mentres que Ánxela Taboada, de Educación Infantil, e Fernando José Jiménez, de Historia, resultaron agraciados cun billete de avión de ida e volta Santiago-Dubín coa compañía Air Lingus.