Ir o contido principal

Soterraranse dúas cápsulas dixitais do tempo no xardín do Colexio de Fonseca

Preséntase o proxecto ‘Once Uns’, de Sentinel Wardrobe

O xardín do Colexio de Fonseca será o vindeiro 27 de abril o escenario do proxecto ‘Once Uns’, unha curiosa iniciativa de Sentinel Wardrobe coa que colabora a Universidade de Santiago. Dende ese día, e ata 2047 nun dos casos, os xardíns converteranse nun improvisado cemiterio no que ‘durmirán’ dúas cápsulas dixitais do tempo, unha delas infantil (que se descubrirá en 2016). O proxecto presentarase en rolda de prensa este martes 16 ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participarán Pablo Sampedro e Mercedes Rosón, da Área de Cultura da USC, e Jorge del Oro, Fátima García Doval e Iñaki Quenerapú por parte de Sentinel Wardrobe.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2013.